BLOG
XxIV

Amado Pai Meu:
É curioso como dicimos e opinamos de tantos cousas das que maiormente ren entendemos delas — como para comprendelas — e, no entanto, calamos cando se trata de falar do que más a beira temos. E coma si quedáramos sen verbas, como si fora tanto o que quixéramos expresar que a facultade da fala aturúlase na gorxa e as cordas vocais vense incapacitadas para emitires son algún. A min, a lo menos, ocórreme, e non só contigo, senón con todo aquel que máis debería coñecer. Cando así é, trato de recorrer á miña pouca fiable memoria e relembrar os feitos e mesmos as verbas das persoas das que desexo falar.
De ti, Meu Pai, podería mesmo escribir un libro só coas ensinanzas das túas variadas anécdotas, coma se de parábolas alegóricas «platonianas» tratárase. Así que o bo lector entenderá que, por máis que me esforzara nese intento, nin o tempo, e menos o talento, sería quen de acometer semellante empresa.
Coma ilustración só mencionarei un par de frases que tantas veces me repetiches: «Ah, mundo, mundo cabrón!», e: «Medio mundo está a foder a outro medio». Quen isto lea, rirase de quen as escribe e de quen as dixo, deducindo, incluso, da falla de orixinalidade das mesmas. Pódese rir canto lle de a gana e pregoar os catro ventos (como así é) que as frases non son de seguro túas: pero o que nunca poderá negar son as verdades que nelas agóchanse. Lapidarias si, pero non por iso menos certas. E ti, Meu Pai, en canto a cantos, canteiras e pedras, es un erudito.
Fillo de canteiro, a túa ánima foi esculpida en pedra, e nela reflíctese a beleza da arte clásica, esa que se mantén inamovíbel no tempo, este no que ren inflúe os trocos mudados en modas, mesmo por onde el vai pasando imperturbábel. Medraches nunha guerra que impediuche crecer coas súas consecuencias, pero que non acadou de que ti non foras capaz de forxar o teu propio desenvolvemento. Unha guerra onde medio mundo andaba a foder ao outro medio — esas dúas Españas da que tanto te quixeron convencer —, que víñate a confirmar o cabrón que ese mundo é só porque uns din unha cousa y e outros outra. Por moito falar e demasiado calar, por pouco entender e ren comprender.
E o mundo segue igual de cabrón aínda que disfrazado de pelexo de año. Ouvidos xordos, vacuas verbas de linguas viperinas coma secuencias dun vinilo raiado dunha cantilena até a saciedade repetida. E ti, Meu Pai, con pouca bagaxe educativa ditadas polas normas do sacro-santo estado, pero coa academia da vida por monteira, faste o parvo para que todos os cabróns pensen que ti penses que, eles mexando, ti dirás que está chovendo. Co que non contan, é coa túa incredulidade.
Te-lo moi claro: o mundo segue a ser un cabrón. Cos teus oitenta e cinco as costas, unha mente tan pre-clara como a túa ten sobradamente despexada calquera dúbida. Poderán contarte misa e mesmo intentaren facerte comungar con rodas de muíño, asegurándote que o mundo trocou para ben. Ti, caladiño, ben sabes de mentiras e do que ren ten de verdade. Agora máis que nunca, Pai, medio mundo anda a foder ao outro medio.
Xa na plenitude, rectificaches o dito, engadindo — esta vez si, para os das risas fáciles e parvas que nada entenden e menos comprenden — da túa colleita: «Antes, estaba medio mundo a foder outro medio. Agora, están tres cuartos a foder medio». Non te preocupes Pai, ti mesmo dicías-mo: «Antes facían o que querían; agora fan o que lles da a gana». Outra lápida a este mundo cabrón.
Xa ves, Papá, só quería felicitarte polo teu aniversario. Non sei por que, pero non atopaba que dicirche e saíume esta «cabronada»… co fácil que era dicir, PARABÉNS MEU PAI!… Pero xa sabes, eu son un máis daqueles que ren entenden e menos comprenden.
Oitenta e cinco anos, e honra e a honestidade continúan…
Un abrazo, Meu Pai, e até a vindeira.
rpm ‘15
Euskadi-Galiza, novembro 2015.
Deja una respuesta