«CARTAS DESDE EUSKADI»

Escrito por

en

blog
xii

Amada Irmá Miña.

      Fai pouco máis dun mes – o dezaoito do que se foi – adicáballe ó teu irmán – o outro, o Meirande – unhas cantas verbas mal «entintadas»negro sobre branco, pero ditadas dende o  corazón e para o corazón, o mesmo o que hoxe quero facer contigo. Unha costume, esta, que me propuxen alongar no tempo, como si de unha obriga tratárase.

      Como podes comprobar, nesta volta, escríbote na nosa lingua materna, a que chaman de «Castelao». Non por nada en especial, nin sequera concreto, máis ben creo que é consecuencia a prol da analoxía anterior. Naquela, disertei sobor do transcurso do tempo (algo moi recorrente e pouco ocorrente, cando a verdadeira razón derradeira destas poucas liñas son, en realidade, o descorrer do mesmo) e das secuelas, máis mentais que físicas, que debilitan a nosa memoria.

      Contigo, iso, non me ocorre: ren téñome que maxinarme para relembrarte. Emporiso, hoxe non me apetece falar del (xa falei dabondo), senón de algo moito mías mundano, pero, en troques, máis complexo que non complicado: de sentimentos.

      Dende que «presumo» de ser escritor – en todo caso, mediocre –, só obtiven, da túa parte, mostras de apoio e confianza, amén dunha que máis xenerosa crítica vertida neste mesmo espazo común. Non é o que poidamos denominar, un apoio físico-material (as mostras deste veñen dadas a carón do outro teu irmán, o Meirande, dabondo cheas) senón das que todos tanto queremos e necesitamos e das que moitos, desgraciadamente, carecen. Pois ben, carencias desta índole non figuran como asentamento no meu «debe» emocional: tendo a persoas coma ti o meu redor, é imposíbel. Amar é indescritíbel, é que tal acontecemento sexa rebotado como se dun eco tratárase, non ten parangón.

      Amo e síntome amado, e nesta segunda parte, ti, miña irmá pequena, tes moito que ver e dicir, porque amosar, velo facendo dende fai xa moito tempo: remóntase a nosa máis tenra nenez. Grazas por me amar incondicionalmente.

      Que ninguén de todo canto aquel ou aquela que se asoma a esta misiva – sobre todo a quen teña una ligazón máis íntima comigo – se sinta excluído, entre outras razóns porque, en ningún caso, son exclusivo. Pero hoxe, tócate a ti, é o teu día. Xa o dixen: amo y síntome amado, e teño – non sei se bendita, pero si divina – a inmensa fortuna de contarte perante os meus seres máis queridos (neste caso utilizo o verbo querer, como para darlle unha «cor» máis de pertenza e, se cabe, de posesión), pero por riba de todo, de figurar, eu, entre os teus. Es dos meus e síntome dos vosos.

      Unha vez máis, grazas. Moitos dos meus soños e dúbidas non foron posíbeis sen ti.

Agora toca despedirse, e volvemos ao tempo. Dese que todos queremos fuxir, pero que ninguén acada. Ese que ten a ben dispor de que gocemos da túa presenza un ano máis nas nosas existencias.

      Parabéns, irmá. Teu, afectuosamente,

rpm’14

Euskadi-Galiza, maio 2014

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *